Rafael Nadal conseguiu igualar os seis Roland Garros de Björg Borg tras vencer na final a Roger Federer por 7-5, 7-6, 5-7, 6-1. Consigue o sexto Roland Garros en tan só sete edicións disputadas superando a Borg que conseguiu os mesmos pero disputando unha edición máis. Nadal en sete anos, só perdeu un partido na terra batida de Roland Garros ante outro sueco, Soderling. Con este Gran Slam suma dez, é o segundo máis xoven en conseguilo por detrás de Borg que os conseguiu con un ano menos. En canto a títulos xa leva 46, e 32, unha cifra máis que significativa, en terra batida.
É o seu terceiro título da temporada e suma 43 vitorias e 6 derrotas, superando o mellor xogador da temporada ata o momento, Djokovic q ten 41 vitorias e tan só 1 derrota, a que sufriu en semifinais ante Federer.
O balear embolsou 1.200.000 euros tras gañar a final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario