O Celta de Vigo xa fixo oficial o traspaso do xoven canteirán de Salceda ó Manchester City. O celta recibirá cerca de un millón de euros fixos que se poden convertir en tres si Denís cumple unha serie de obxectivos que consisten en xogar un número de partidos co primeiro equipo e coa selección absoluta. Denís cobrará aproximadamente 250.000 euros anuais.
A primeira opción de Denís sempre foi o F.C. Barcelona pola maneira de tratar a canteira e porque ten a un compañeiro de selección co que se lñeva moi ben, Gerard Deulofeu, pero a oferta era sensiblemente inferior a do Machester City. O Celta finalmente decidiu transpasalo o Mancester City, máis que nada polo económico. Denís tras varias negociacións aceptou porque o equipo inglés non descoida a canteira.
En canto ao deportivo, o de Salceda fará a pretemporada co primeiro equipo incluíndo unha xira polos Estados Unidos. En principio, a temporada realizaraa co equipo reserva. Denís podrá compartir experiencias sobre o terreo de xogo cos ídolos de moitas persoas, como Carlos Tévez, David Silva, Touré Yaya... xa que o equipo reserva entrena co primeiro equipo.
Aquí vos deixo unha interesante entrevista a Denís Suárez na que desvela cales foron as súas intencións dende o principio e as súas primeiras impresións de Manchester: Entrevista a Denís.
No hay comentarios:
Publicar un comentario